Para o seguinte traballo teremos o seguinte
Briefing
Bebidas de Froitas Naturais.
3 sabores relativos a 3 froitas diferentes.
100 por 100 natural.
Sen azúcar engadido.
Temos3 posibles
targets ou públicos obxectivos,
a escoller un:
Público infantil. Que buscarán cores chillonas e alegres, pode que unha mascota. Precisa un deseño moi chamativo que capte a atención de xente de entre 3 a 12 anos, e transmitir a idea de diversión, alegría, xogo...
Público Xuvenil. De entre 12 e 21 anos. Neste público podemos potenciar a idea de que o zumo proporciona vitalidad, enerxía, saúde, ou mesmo vitaminas e minerais adecuados para o estudio, potenciando o feito de que é totalmente natural, ecolóxico, que non ten azúcar engadido, etc...
Público Premium. Este segmento do mercado busca un produto que sexa de alta calidade, selecto, con un grande valor de produción. Un artículo de alto precio de mercado esixe transmitir a idea de luxo, exclusividade, elegancia, etc...
Se presentarán os
bocetos co proceso creativo, erros e acertos.
Ten que existir unha idea de marca, cun nome común a todos os produtos. Cada sabor pode ter un deseño diferente ou ser variacións do mesmo. Todo iso argumentarase nos bocetos.
Se presentarán os tres logotipos (isolotipos, isotipos,...) co
resultado final a máxima calidade. Pensade no fondo no que van a ir, se é un fondo blanco, negro ou de cor , pois sería o fondo da botella ou brick. Podedes usar mockups para a presentación do produto.
Podedes presentar tres logotipos diferentes ou tres variacións do mesmo, pero a marca ten que ser sempre a mesma.
A data máxima de entrega será o luns 16 de decembro.