martes, 15 de octubre de 2019

Traballos con Audacity

https://www.audacityteam.org/


Unha vez vistos os rudimentos para usar o Audacity haberá que realizar as seguintes actividades ou exercicios, de xeito individual.

Entre todas estas has de facer as dúas primeiras e podes escoller unha terceira e cuarta entre as restantes que máis te chamen a atención ou te gusten, lembra, sendo as dúas primeiras obrigatorias para tod@s.

(É dicir, hai que facer a actividade 1 e a actividade 2 e escoller 2 entre a 4, 5 e 6 quen queira subir nota).

1.- Creación dun ambiente sonoro (Obligatoria). 

Usando diferentes sons crearemos un ambiente sonoro concreto, que pechando os ollos te sintas inmerso nesa nova realidade.

Por exemplo, un día de praia, unha noite de verán, o barullo dun patio de recreo,... o que queiramos.

Teranse que presentar ademais do resultado final os diferentes sons usados para facer a mestura. Podedes aloxar os sons no google drive.

A duración non debería de baixar de 30 segundos.

2.- Creación dunha narración mesturando voz humana e efectos sonoros e/ou música (Obligatoria).

Pódese crear un conto infantil, un poema, una narración similar a unha radionovela, una lección de clase, etc... a imaxinación marca o límite.
A duración do traballo non debería ser inferior a un minuto.

O texto interpretado pola voz human non ten que ser orixinal e pode ser unha adaptación. Nese caso deberedes citar ó autor.

Recoméndase facer en galego sempre que se poida, aínda que non é obrigatorio.



E aparte... escolle 2 calquera dos traballos de abaixo para subir nota______________


3.- Simulación de programa radiofónico de música(optativo).

 Consiste en coller un audio musical (ou un fragmento) e facer unha introdución narrada simultánea co audio, facendo que o volume da música baixe mentres o presentador fala, e viceversa.

A duración aproximada será a dunha canción.

4.- Redeseño dun son (optativo).

Usando as diferentes ferramentas e efectos do Audacity colleremos un son concreto e o transformaremos noutra cousa completamente diferente.

Presentarase o antes e o despois.

5.- Cuña publicitaria (optativo).

Usando unha mestura de sons e de voz humana, deseña unha cuña publicitaria que nos pode vender un producto, un servizo, ou ben denunciar ou gabar algo que vos preocupe.

A duración será de en torno a 20-40 segundos.



Lembra ir guardando os teus traballos na túa conta de Google Drive ou ben nun dispositivo externo de almacenamento. Tanto o arquivo de Audacity como os sons usados nel.

Edición básica con Audacity 

TUTORIAL BÁSICO

No hay comentarios:

Publicar un comentario