Tipografía: palabra que provén do grego τύπος típos, golpe ou huella, e γράφω gráfο, escribir, e que se refire ao arte e técnica de manexar e seleccionar tipos gráficos de cara a un traballo de impresión.
Os traballos serán presentados no blog cada un nunha entrada diferente, co título adecuado ó contido.
Cada traballo será comentado polo autor ou autora, explicando e argumentando as decisións que o/a levaron a facelo dese xeito, evitando caer no comentario de me gusta/non me gusta. Hai que utilizar criterios razonados.
Poden adxuntarse bocetos cando os haxa (é de feito, recomendable) e/ou versións alternativas, sempre deixando ben indicado cal é o traballo final.
Os traballos deberán ser completos, serios e de aspecto profesional. Coidando especialmente a presentación e a imaxe.
Traballo 01- Tipograma / Tipoforma
Realización dunha imaxe figurativa utilizando como elementos gráficos as letras que compoñen o nome desa imaxe. Trátase pois de construír un debuxo que represente visualmente a palabra que o define, empregando as letras de dito nome, sen modificar a xeometría da mesma nin a súa proporción.
Pódense repetir letras e/ou utilizar diferentes fontes tipográficas.
Hai que empregar como mínimo unha vez cada letra do nome.
Non se poden deformar as letras ou signos.
Xunta a imaxe presentarase a palabra feita coas tipografías empregadas.

Caligramas (do francés calligramme). Os caligramas son textos, moitas veces de tipo poético, no que as letras e disposicións tipográficas debuxan unha imaxe que garda relación co contido presentado.
Traballo 02- Caligrama de Dintorno.
Realizarase un caligrama de xeito que as palabras debuxen unha imaxe dispoñéndoas no interior ou silueta dunha ou varias figuras. En Inkscape utilizarase a opción "fluir no marco".
De dintorno, cando o texto enche a figura. (Lembra xogar cos parámaetros de centrado, xustificado, o tamaño da letra, etc)
Traballo 03- Caligrama de Contorno.
Realizarase un caligrama de xeito que as palabras debuxen unha imaxe dispoñéndoas ao longo do contorno (o borde ou trazo) dunha ou varias figuras. En Inkscape utilizarase a opción "poñer no traxecto".
De contorno cando o texto rodea a figura:
Máis exemplos:




Traballo 04- Tipografía Expresiva
A
continuación veréis algunos ejemplos de textos que han sido modificados
de forma gráfica para que la imagen refuerce el contenido del texto de
una manera visual. En todos los casos el tipo de letra es el mismo.
Haz cinco ejemplos similares.



Traballo 05- Safari Tipográfico.
Teredes que facer unha
serie de fotografías a elementos tipográficos da rúa, coma no documental Helvética.
Señais, carteis, letreros,... cinco exemplos ou máis de tipografías ben empregadas e outras tantas de tipografías mal empregadas, explicando as vosas razóns.
É importante que exista unha reflexión asociada ás vosas fotos.
Sede creativos.Señais, carteis, letreros,... cinco exemplos ou máis de tipografías ben empregadas e outras tantas de tipografías mal empregadas, explicando as vosas razóns.
É importante que exista unha reflexión asociada ás vosas fotos.
Traballo 06- Portada de Revista.
Encargarédevos do deseño dunha portada dunha revista periódica, formato magazine ou similar. Todos os elementos da portada, titulares, logotipo, fotografías ou debuxos deberedes deseñalos vós mesmos. Búscase que o resultado luza de forma seria e profesional. A foto de portada, se a ten, terá que ser feita por vós.
Poderedes entregar traballos con fotos alleas, sempre mencionado ao autor ou autora da foto, pero preferentemente valorarei máis as fotos sacadas por vós.
Traballo 07- Cartel tipográfico.
Deseño dun cartel empregando únicamente elementos tipográficos de xeito que ocupen por completo a súa superficie. Tema libre.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario